martes, 7 de julio de 2009

Miliamperios, milivoltios e traballos finos.


Éste blog xurde a raiz da inquietude de dous compañeiros que se moven no mundo "micro". Se se trata de traballo o seu son os milivoltios, miliamperios, pequenas histéresis, impedancias... vaia, traballo ¡fino fino!.
O curioso é que sendo tan escuetos para certas cousas, son todo xenerosidade no arte do bon vivir e comer. Pérdense por unha boa troitada...
Ademais de todo o anterior, contribuen a incrementar o vocabulario de quen os rodea agasallando a cotío verbas esquecidas a quen as quere escoitar.
Aquí tentaremos recoller algunhas desas reliquias que saen dos seus beizos.